InicioSucesosPrisión para o home que apuñalou un vixilante de seguridade no HULA

Prisión para o home que apuñalou un vixilante de seguridade no HULA

O individuo intentaba entrar ver a súa parella cando feriu o garda cunha navalla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado decretou prisión para o home arrestado por apuñalar un vixilante de seguridade no Hospital Universitario Lucus Augusti ( HULA) na tarde deste domingo.

Segundo sinalaron fontes xudiciais, o xulgado decretou prisión provisional comunicada e sen fianza por un delito de homicidio en grao de tentativa.

O individuo, J.S.D, de 47 anos, apuñalou cunha navalla a un garda de seguridade no HULA, mentres tentaba ver a súa parella, que se atopaba na Unidade de Psiquiatría do hospital. Previamente, a muller protagonizara un altercado coa Policía Local de Lugo, que a trasladou ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Fingoi, desde onde foi evacuada ao HULA.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...