InicioSociedadePilar de Lara, disposta a recurrir a súa sanción no Constitucional e...

Pilar de Lara, disposta a recurrir a súa sanción no Constitucional e en Estrasburgo

O avogado da xuíza confirmou que seguirán esa vía no caso de que o Supremo non estime o recurso presentado en relación á suspensión cautelar da sanción do CXPX.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, abre a posibilidade de recorrer a  sanción do CXPX ante o Tribunal Constitucional ou no Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos en caso de que o Tribunal Supremo non estime o recurso presentado.

O avogado da xuíza, Agustín Azparren, confirmou que de momento “segue pendente a petición da medida cautelar de suspensión da execución“, en relación ao castigo de sete meses e un día que lle impuxo o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX). Dita sanción implica perda de destino por dilacións “indebidas” e “desatención” nas  causas que leva, como a ‘Carioca’ ou a ‘Pokémon’.

Azparren constatou que este martes o Supremo deu traslado ao expediente completo do CXPX. “Agora ábrese un prazo de 20 días para facer o recurso, para formalizalo en canto ao fondo do asunto, en canto á discusión das faltas disciplinarias”, engadiu.

“UNHA XUÍZA MOI TRABALLADORA”

En canto ao fondo do recurso, para o que teñen 20 días, exporase que “non é un caso de desatención, no sentido que Pilar de Lara é unha xuíza moi traballadora, con moita dedicación e por tanto é todo o contrario á falta que se lle imputa de desatención”.

Outras premisas que se expoñerán no escrito pasan por “cuestionar a lexitimidade do Consello Xeral do Poder Xudicial, relacionado co que o grupo de estados contra a corrupción do Consello de Europa veu advertindo a España sobre que o sistema de elección deslexitima ao consello”.

Finalmente, Agustín Azparren precisou que estes “argumentos” se orientán máis cara aos camiños que se abrirían “se o Tribunal Supremo non estima o recurso queda a vía do Constitucional ou do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

A Feira do Viño de Amandi reúne máis de 20 bodegas coa colaboración da Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...