InicioPolíticaA Deputación e o Concello de Castroverde asinan o convenio marco para...

A Deputación e o Concello de Castroverde asinan o convenio marco para abrir a residencia de maiores

José Tomé e Xosé María Arias avanzan así no proceso administrativo para a posta en marcha do Residencial O Castro. A súa apertura agárdase para este ano e incluso "é posible que sexa antes do verán".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias Fernández, asinaron o convenio marco de colaboración entre estas dúas administracións para a posta en marcha do Centro de Atención a Maiores nesta localidade.

A firma deste convenio chega despois de que o pleno municipal acordase por unanimidade sumarse a el e logo de que a Xunta de Goberno provincial dera o visto bo. Deste xeito, avanza o procedemento administrativo para a apertura e funcionamento do Residencial O Castro, cuxos custos xa estaban previstos nos Orzamentos deste 2020.

ABRIRÁ AO LONGO DESTE ANO

Segundo explicou esta mañá a voceira socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, agora sentaranse as bases do modelo de xestión e trasladaranse ao Concello de Castroverde. Posteriormente, asinarase o convenio específico que garantirá a xestión pública do centro.

Respecto aos tempos que manexan para a apertura efectiva do Residencial O Castro, García Porto asegurou que será ao longo deste ano. “É posible que sexa antes do verán, pero iso dependerá dos prazos do Concello respecto da reserva de prazas”, engadiu.

RESERVA DE PRAZAS

Á hora de solicitar esas prazas, terán preferencia, en primeiro lugar, os veciños de Castroverde; en segundo termo, os veciños dos concellos limítrofes ou da comarca; e, por último, os lucenses en xeral. Así quedou recollido no modelo de cooperación entre Deputación e Concello. Ademais, García Porto lembrou que poderán optar a estas prazas “todos os veciños e veciñas, independentemente da súa situación económica”, posto que os usuarios pagarán en función diso.

Por último, a voceira socialista fixo unha recapitulación das residencias que ten abertas a Deputación e mais das que prevé abrir neste 2020. Os orzamentos para este ano reservan nove millóns de euros para o mantemento destes centros de maiores e para a posta en marcha da de Castroverde, A Fonsagrada e Pedrafita.

ÚLTIMAS

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...

Santa Bárbara, a virxe que tamén protexe contra Altri e os “poderes económicos e políticos”

O Cura de Xestoso oficiou este domingo unha misa na Capela de Santa Bárbara,...

O Concello de Lugo tallará dous tilos da Avenida Ramón Ferreiro polo “elevado risco de caída” tras un informe técnico

O Concello de Lugo anunciou que procederá á tala de dous tilos na Avenida...

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...