InicioEconomíaO Goberno creará en Lugo o Laboratorio nacional de Sanidade Vexetal

O Goberno creará en Lugo o Laboratorio nacional de Sanidade Vexetal

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación explicou que este centro funcionará como un referente a nivel estatal na investigación de posibles novas pragas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación creará este ano o laboratorio nacional de sanidade vexetal en Lugo, que ten como obxectivo converterse nunha referencia a nivel estatal.

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, declarou que esta decisión é parte da política de descentralización institucional do Goberno de España e coincide coa celebración neste 2020 do ano internacional da Sanidade Vexetal.

DETECCIÓN DE PRAGAS

Segundo afirmou, a iniciativa enmárcase na crecente ameaza que supoñen para as producións agrícolas o incremento de intercambios comerciais con terceiros países, os riscos potenciais e a necesidade de control dos mesmos, así como o cambio climático, coa aparición de novas pragas e patoloxías nocivas que se suman ás xa existentes.

Entre outros obxectivos, o centro tratará de harmonizar os métodos e técnicas que han de utilizarse nos laboratorios das diferentes comunidades autónomas, a participación en programas nacionais de prospección de pragas, a emisión de informes previos á declaración de existencia dunha praga de corentena aparecida por primeira vez en territorio nacional e a realización de actividades relacionadas co cumprimento de programas de boas prácticas.

COLABORACIÓN ESTATAL E INTERNACIONAL

Respecto das súas funcións, colaborará con outros laboratorios de referencia da Unión Europea, coordinará as actividades dos laboratorios oficiais, organizará ensaios entre laboratorios comparados ou ensaios de aptitude entre os laboratorios oficiais e proporcionará, dentro do ámbito da súa misión, asistencia científica e técnica ás autoridades competentes para a aplicación dos plans nacionais de control, entre outros.

Ademais, o laboratorio nacional dará servizo de diagnóstico ás mostras de produtos e material vexetal procedentes de terceiros países enviadas polos Puntos de Control en Fronteira (PCF). Todo iso co fin de determinar se o envío é conforme ou non, en base ao risco que dito organismo poida comportar.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...