InicioSucesosSalvan a vida dunha ovella que quedou atrapada no río Miño

Salvan a vida dunha ovella que quedou atrapada no río Miño

Os axentes da Policía interviñeron rápido e lograron sacar o animal do medio das ramas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Unidade Territorial da Policía de Barrio de Lugo rescataron unha ovella que caeu ao Río Miño nas inmediacións do centro da UNED, tras o que quedou atrapada entre unhas ramas.

Segundo informou a Policía Local, a ovella estaba atrapada na auga entre unhas ramas e un dos axentes aproximouse “corpo a terra”, concretan as mesmas fontes, mentres o seu compañeiro o suxeitaba polos talóns. Deste xeito, “lograron coller o animal cun lazo que prepararan” e procederon a rescatala.

A “rápida e eficaz intervención” dos axentes, incidiu a Policía Local, “salvou a vida do animal”, que foi trasladado ao Hospital Veterinario Rof Codina para o seu coidado. A Policía Local de Lugo puntualizou que descoñece a propiedade da ovella porque carece de crotal.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...