Home Lugo e contorna Lugo A Policía precinta varios equipos de música non autorizados en locais de Lugo

A Policía precinta varios equipos de música non autorizados en locais de Lugo

0
A Policía precinta varios equipos de música non autorizados en locais de Lugo
Policía nun local nocturno / Policía Nacional - Arquivo

Axentes da Policía Local de Lugo realizaron un dispositivo de inspección entre o venres e o sábado da semana pasada, dentro do cal precintaron varios equipos de música non autorizados en locais da cidade.

O operativo, para o control do cumprimento da normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas, desenvolveuse naquelas zonas da cidade onde se sitúan locais que producen “o maior número de queixas por molestias e alteracións de orde pública“, precisou o corpo, en concreto na zona da Tinería, Yáñez Rebolo, Camiño Real e Luís Seoane.

Como resultado, informaron, “precintáronse os equipos de reprodución musical e altofalantes” que estaban a funcionar nalgúns locais que carecían de autorización para iso, “a pesar de que, no seu día, lles fora notificada aos seus titulares a orde de retirada da instalación musical non autorizada”, subliñaron.

+ posts