InicioEconomíaCandia di que PP e PSOE fixeron historia ao pactar no seu...

Candia di que PP e PSOE fixeron historia ao pactar no seu día o orzamento provincial

Asegura que as contas para o próximo ano son un "curta e pega"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, afirmou que populares e socialistas fixeron “historia” e foron “pioneiros” na Deputación durante o pasado mandato, baixo a presidencia de Darío Campos (PSdeG), ao ser capaces de pactar os orzamentos da institución, unha vez que rompeu o pacto de goberno co BNG.

“Neste momento no que tanto se está demandando un pacto entre partidos constitucionalistas, por todo o que está a pasar no noso país, hai que lembrar que a Deputación de Lugo foi pioneira e marcou un precedente moi importante nun momento convulso” na institución provincial, dixo Candia.

De feito, a líder do PP na provincia de Lugo lembrou que “non había maiorías, porque rompeu o pacto de goberno entre os partidos de esquerda, pero houbo dous partidos que tiveron altura de miras para establecer un marco orzamentario para a provincia”.

Candia fixo estas declaracións despois de que o actual goberno provincial, formado por socialistas e nacionalistas, presentase o orzamento que aprobará o próximo 5 de decembro grazas á maioría absoluta que suman ambos os partidos no pleno da Deputación de Lugo.

Desde o seu punto de vista, “son practicamente os mesmos orzamentos de 2019”, unha especie de “curta e pega dos orzamentos deste ano”, a pesar das “críticas” que recibiu Darío Campos por parte de quen agora asumen as funcións de goberno na Deputación de Lugo.

Ao seu xuízo, non se poden valorar o últimos catro anos na Deputación de Lugo polo feito de que “dúas persoas se faltasen ao respecto no transcurso dun pleno”, porque iso sería “moi inxusto”, tendo en conta de que se na actualidade hai un “plan único” de axudas aos concellos, guiado por criterios obxectivos, débese ao traballo realizado no anterior mandato.

De feito, lembrou que aínda que o “BNG se atribúe a paternidade dese plan único, o certo é que gobernou durante anos en coalición co PSOE e nunca o puxo encima da mesa”, pero con todo si saíu adiante cando os nacionalistas “xa non estaban no goberno”.

En canto ao orzamento para 2020, Candia bota de menos “un proxecto de provincia”, do que tamén careceu a institución nos últimos anos, así como “un plan específico” para loitar contra a regresiva tendencia demográfica e iniciativas coordinadas para promocionar todo o potencial turístico de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...