InicioPolíticaA Deputación de Lugo esixe á Xunta a implantación dun equipo de...

A Deputación de Lugo esixe á Xunta a implantación dun equipo de cirurxía robótica ‘Da Vinci’ no HULA

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno da Deputación de Lugo acordou reclamar á Xunta a implantación da cirurxía robotizada ‘Da Vinci’ no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para mellorar a calidade asistencial na sanidade pública.

A proposta, promovida polo grupo provincial socialista, contou co apoio maioritario da corporación e ten como obxectivo “pór a Lugo á vangarda das técnicas sanitarias”.

Segundo explicou a institución provincial, o dispositivo xa opera con éxito en diferentes hospitais privados de Galicia e reduce os tempos de recuperación dos pacientes porque aplica unha cirurxía menos invasora.

“O HULA é un hospital de referencia e como tal ten que ter unha tecnoloxía punteira. O que non é normal é que en Galicia haxa dous hospitais privados, na Coruña e Vigo, que conten con estes medios e que na sanidade pública non teñamos ningún“, censurou o presidente provincial, José Tomé.

O titular da institución considerou que é unha cuestión de “vontade política” que a Xunta de Galicia queira ter un aparello deste tipo, “co que se mellora moitísimo a calidade da sanidade”.

Na sesión, o pleno tamén aprobou outra iniciativa do PSdeG para esixir á Administración autonómica que prorrogue as axudas do Plan de Desenvolvemento Rural ás explotacións gandeiras en tanto non entre en vigor a nova Política Agraria Común (PAC).

Ademais, o pleno deu luz verde a unha proposta do goberno provincial para instar á Xunta a retirar o anteproxecto de Lei para a creación da sociedade para a xestión do ciclo integral da auga, coñecida como a ‘Sogama da auga’; e pediuse ao Goberno galego o incremento do Fondo de Cooperación Local ata o 5% da recadación tributaria galega.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...