InicioEconomíaOs orzamentos do Concello de Lugo superarán os 100 millóns de euros

Os orzamentos do Concello de Lugo superarán os 100 millóns de euros

Segundo anunciou a alcaldesa, "máis dun 50 por cento irán a políticas de dimensión ecolóxica" e "un 28 por cento" a políticas sociais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o primeiro tenente de alcalde, Rubén Arroxo, anunciaron este mércores en rolda de prensa que levarán os orzamentos da cidade ao pleno de finais de novembro, o 28 de novembro, tras a xunta de goberno local.

As contas para o próximo exercicio superarán “os 100 millóns” de euros, dos que máis de 20 irán destinados a investimentos e “máis dun 50 por cento que irán a políticas de dimensión ecolóxica, como renovación urbana, mobilidade sustentable ou transición enerxética”, desmenuzaba a alcaldesa Lara Méndez.

Á súa vez, Méndez puña especial énfase en que “un 28 por cento” do orzamento, deses máis de 100 millóns de euros, irán dirixidos a “políticas sociais”.

Sobre todo destacou a “estabilidade” do Goberno para que o ano próximo poidan executarse estas partidas orzamentarias “con débeda cero”, como así ocorre desde 2017. Estas cifras supoñen un incremento “do cinco por cento” con respecto ás contas do presente exercicio que foron aprobadas tras unha moción de confianza presentada pola propia alcaldesa, Lara Méndez.

O primeiro tenente de alcalde, Rubén Arroxo, destacou sobre todo a partida de “600 mil euros”, dentro da área de mobilidade que levan os nacionalistas, para “a peonalización da Mosquera” (na rolda da muralla).

Isto, asegurou, pasa por “unha maior humanización” da Rolda da Muralla, coa que se pretende cumprir a aspiración de peonalizar a zona que preto o monumento lugués Patrimonio da Humanidade.

Igualmente, Rubén Arroxo debullou que “500 mil euros destinaranse á pavimentación de barrios” da periferia e 300 mil para “instalación eléctrica”. A suma de oito concelleiros do PSOE e cinco do BNG permitirán que saian adiante os orzamentos, fronte a dez edís do Partido Popular e dous de Ciudadanos, nunha corporación de 25.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación inicia a súa axenda institucional en Cabo Verde

A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela, Carmela López, iniciou en...

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

O alcalde espera que o cambio na reitoría da USC signifique “maior independencia” do campus lucense

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, felicitou a Rosa Crujeiras pola súa vitoria nas...

Os clubes deportivos da provincia poden solicitar as axudas da Vicepresidencia da Deputación

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe -12 de marzo – a convocatoria de...