Home Economía Es unha persoa con discapacidade e buscas emprego?

Es unha persoa con discapacidade e buscas emprego?

0
Es unha persoa con discapacidade e buscas emprego?
Presentación das primeiras Xornadas Speed Networking para persoas desempregadas con discapacidade de Lugo / Concello de Lugo

Baixo o lema “Unha dobre oportunidade” o Espazo Lab – Centro de Formación e Orientación Laboral do Concello de Lugo, acollerá este xoves, a primeira Xornada Speed Networking de Lugo. O obxectivo é reunir a persoas traballadoras e desempregadas con diversidade funcional e a empresas de diferentes sectores que desenvolven a súa actividade en Lugo para poder establecer redes de contactos, facer visibles os seus perfís profesionais así como facilitar a súa inserción laboral.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego de Lugo, Mauricio Repetto, e a directora rexional de Inserta Empleo en Galicia, Menchu Iglesias, foron os encargados de presentar unhas xorandas que terán lugar no CEI – Nodus. “Trátase dun compromiso para que a integración social se leve a cabo sen barreiras de ningún tipo e poñendo a disposición os medios e recursos municipais no eixo do emprendemento para que as persoas con discapacidade sexan actores fundamentais na estratexia de desenvolvemento de Lugo”, dixo o edil.

Mauricio Repetto explicou tamén que a actividade comezará coa intervención da judoka integrante do equipo de Trainers Paralímpicos da Fundación ONCE, Marta Arce e posteriormente se celebrará un período de networking, de aproximadamente unha hora, no cal os participantes terán ocasión de interactuar entre sí para intercambiar perfís e ampliar información acerca das súas competencias.

Pola súa banda, Menchu Iglesias, reseñou a importancia da colaboración institucional para propiciar a creación destas xornadas, ás que xa se apuntaron máis de medio cento de participantes e que servirán como marco idóneo para xerar oportunidades de emprego.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here