InicioEconomíaA Deputación de Lugo deseña un orzamentos con maior dedicación ao 'Plan...

A Deputación de Lugo deseña un orzamentos con maior dedicación ao ‘Plan Único’

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os dous socios de goberno na Deputación de Lugo, PSOE e BNG, pretenden levar o proxecto de orzamentos do próximo ano ao pleno do mes de novembro, para que entren en vigor o 1 de xaneiro de 2020. Así o trasladaron tras a xunta de goberno provincial, tanto a portavoz socialista do bipartito, Pilar García Porto, como a vicepresidenta provincial, a nacionalista Maite Ferreiro.

García Porto explicou que xa se traballa “nas liñas básicas” do borrador, nuns orzamentos onde de novo cobrará “un maior” protagonismo o Plan Único na repartición de fondos para os 67 concellos da provincia “sen condicionantes”.

Con respecto ao plan, Porto xa avanzou que “non se adelgazará” e que espera o mesmo grao de compromiso cos concellos de Lugo doutras administracións como a Xunta de Galicia.

A vicepresidenta da institución, Maite Ferreiro, apelou á “importancia” de ter un orzamento “para empezar a aplicalo a partir do 1 de xaneiro” do próximo ano.

“Estamos a traballar nas nosas áreas (as que dirixen os nacionalistas) para ver as principais necesidades, o que se pode facer e distintos programas, e depende tamén das demandas que se nos trasladen dos distintos concellos para loxicamente dar resposta a esas demandas”, concluíu Ferreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...