A Asociación de Clubes de Baloncesto (ACB) comunicou que o Club Baloncesto Breogán presentou “toda a documentación e abonado tódalas cantidades requeridas para facer efectivo o seu ingreso” na vindeira Liga ACB.
Entre esa documentación cómpre subliñar a auditoría de contas, un orzamento superior a dous millóns de euros e a composición do órgano de administración da sociedade, segundo lembra a ACB nun comunicado.
A Asemblea Xeral Ordinaria, a celebrar en xullo, deberá ratificar a súa inscripción e, nese intre, pasará a ser club ACB a tódolos efectos. O Bàsquet Manresa está na mesma situación, segundo informou a ACB.
Por outra banda, o Breogán comunicou que xa superaron o 40 % de renovacións na campaña de abonados.
Foto de cbbreogan.com
[…] O club está pendiente da confirmación da asemblea da ACB o vindeiro luns 16 de xullo do seu ascenso administrativo. Se a ACB ratifica a súa inscripción, o C.B. Breogán será equipo de Liga Endesa a tódolos efectos. O pasado 15 de xuño, a ACB confirmou que recibira o abono e documentación requeridos para a inscri… […]