InicioPolíticaO BNG destaca a boa sintonía co PSOE e o traballo realizado...

O BNG destaca a boa sintonía co PSOE e o traballo realizado no concello nestes primeiros 100 días

Os ediles do BNG explicaron os pasos dados, dende o comenzo da mandato, nas respectivas áreas de goberno.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asemblea local do BNG reuniuse na noite deste luns en Lugo para analizar os 100 primeiros días deste mandato no goberno municipal. “As nosas accións responden ao programa de goberno co que o BNG se presentou ás eleccións e ás demandas maioritarias da veciñanza”, explicou Rubén Arroxo, o tenente alcalde.

As concelleiras e concelleiros do BNG que forman parte do goberno explicaron os pasos dados e sinalaron os obxectivos marcados para as diferentes áreas nas que ostentan responsabilidades.  Arroxo fixo fincapé “na boa sintonía de traballo dentro do equipo de goberno e nos avances dados en pouco tempo nalgunhas cuestións como as mesa de mobilidade, o desbloqueo de diferentes accións conxuntas coa Xunta de Galiza ou o arranxo do aparcadoiro municipal do HULA”.

“As veciñas e veciños de Lugo déronnos unha representación ampla na corporación para que, dentro do goberno, activaramos o concello e iso é o que estamos tratando de facer dende a nosa chegada”, engadiu.

“NON DEFRAUDAR”

Neste sentido, destacou que a xente transmítelles confianza. “Por iso, imos traballar para non defraudar a quen depositou a súa confianza no BNG nas pasadas eleccións municipais”. Ademais, salientou “a colaboración e boa predisposición do persoal municipal que, a pesares de todas as dificultades que se veñen arranstrando en materia laboral, están a traballar con profesionalidade e dilixencia”.

Na xuntanza tamén falaron Así os ediles nacionalistas sobre as áreas propias de gobeno: Felipe Rivas, en educación e difusión do coñecemento; Cristina Lopez, en participación e servizos á veciñanza; Alex Penas, en infraestruturas; Maite Ferreiro, en cultura, turismo e promoción da lingua; e, finalmente, Rubén Arroxo como tenente-alcalde e responsable de mobilidade.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...