InicioLugo e contornaLugoO programa do San Froilán inclúe máis de 200 actividades para todos...

O programa do San Froilán inclúe máis de 200 actividades para todos os públicos

As festas celebraranse entre o 4 e o 12 de outubro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O programa do San Froilán acollerá máis de 200 actividades dirixidas a todos os públicos, con concertos, ruadas ou espectáculos de maxia, entre outras. As festas celebraranse entre o 4 e o 12 de outubro na cidade de Lugo, aínda que o programa oficial arrincará xa este domingo cunha sesión vermú na praza Agro do Rolo.

‘Quentando Motores para o San Froilán’ contará coa actuación de Rachel & The Blue Batons e de Malditos Pendejos, a partir das 13,00 horas.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou este xoves o programa da presente edición.

Das máis de 200 actividades previstas, unhas 170 serán actuacións musicais repartidas ao longo dos días da festa, sobre todo o sábado 5 e o domingo das mozas, con 25 e 31 concertos, respectivamente.

Así mesmo, Ferreiro destacou que será a edición “máis social” do evento, na que se triplicarán os puntos lilas de atención por especialistas en igualdade e contarase cun posto antirruido para nenos con TEA e TCS.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...