InicioSucesosBuscan a unha peregrina perdida no Cebreiro

Buscan a unha peregrina perdida no Cebreiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias atópanse na procura dunha muller que se perdeu mentres facía o Camiño de Santiago.

Pasados uns minutos das 13:00 horas deste mediodía, persoal do 112 Castela e León alertaba ao 112 Galicia do suceso. Indicaban que a persoa, probablemente italiana, desviarase ao desorientarse mentres percorría o tramo comprendido entre Vilafranca do Bierzo e o Cebreiro. Foi ela mesma quen chamou ao centro de emerxencias.

Decontado, con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil, que ao mesmo tempo, comunicaron que recibiran a alerta dun grupo de peregrinos italianos que aseguraban que perderan a unha compañeira.

O 112 Galicia puido contactar coa peregrina, que descoñece o lugar onde se atopa, asegura que non pode avanzar no camiño porque ten as pernas moi doridas pero que non necesita asistencia sanitaria. Desde ese momento, ademais dos axentes, membros do GES de Becerreá e efectivos de Protección Civil de A Fonsagrada e de Sarria, tratan de localizar á muller.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...