InicioDeportesO goleador lucense Uxío da Pena renova co Fabril

O goleador lucense Uxío da Pena renova co Fabril

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dianteiro lucense Uxío da Pena renovou co Fabril, filial do R.C. Deportivo que milita en Segunda División B, segundo confirmou o propio club deportivista, que non especifica a duración do contrato.

Uxío, de 27 anos, marcou 11 goles a tempada pasada sendo o máximo goleador dun Fabril que rematou segundo no primeiro grupo de Segunda División B.

O Deportivo subliña na nota de prensa que o lucense é “un xogador importante tanto no vestiario como fóra do terreo de xogo grazas ao seu esforzo e mailo seu compromiso”.

Foto das canles oficiais do R.C. Deportivo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...