InicioSucesosO bebé supostamente maltratado polos seus pais en Lugo continúa ingresado e...

O bebé supostamente maltratado polos seus pais en Lugo continúa ingresado e “estable dentro da gravidade”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O bebé de dous meses supostamente maltratado polos seus pais en Lugo continúa ingresado na UCI do Hospital Lucus Augusti (HULA) e atópase “estable dentro da gravidade”. Así o confirmou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que indicou que, polo momento, “non hai ningunha novidade relevante en relación a este asunto”.

Balseiro lembrou que o equipo médico que atende ao menor no Hula, en función da súa “evolución” os próximos días, valorará o momento en que poida ser trasladado ao Hospital da Paz de Madrid para ser intervido dun desprendemento de retina. “Polo que respecta á Xunta, continúa o proceso de tutela e garda do menor, sempre en interese do mesmo”, explicou o delegado do Goberno galego, que recoñeceu que “unha das posibilidades” é que, unha vez dado de alta, o bebé sexa dado a unha familia de acollida.

Polo demais, este venres continúan os labores de limpeza no edificio onde vivía a familia, no número 23 da rúa Irmáns Carro. O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, apuntou este xoves que se retirou máis dunha tonelada e media de lixo da vivenda e que se ía a proceder á desinfección de todo o edificio.

Os pais do menor están a ser investigados por un delito de malos tratos polo Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, que lles tomou declaración o martes e deixounos en liberdade, aínda que coa prohibición de aproximarse, comunicarse ou visitar ao bebé.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...