Home Lugo e contorna Lugo A maleza invade o paseo do río Rato

A maleza invade o paseo do río Rato

0
A maleza invade o paseo do río Rato
A maleza fai inservible esta ponte no río Rato | Remitida

O mal estado que presentan algúns tramos do paseo do río Rato foi motivo de denuncia por parte do grupo municipal do PP. Esta área está “abandonada e invadida” pola maleza, algo que achacan aos gobernos socialistas por “deixar ao seu rumbo” unha das principais zonas verdes da cidade.

O concelleiro popular Óscar Poy lamentou a imaxe “case desoladora” que atopan os lucenses e os turistas que se achegan á zona. “É case imposible ver o río Rato, xa que a maleza cobre por completo o leito do río; algo que non é de onte, xa que hai portóns nalgún caneiro que está totalmente cubertos por herbas”, asegurou. Así, referiuse, por exemplo, a unha ponte que une as dúas beiras do paseo e que leva meses “inutilizada”.

Algúns treitos do camiño pasaron de ter algo máis de dous metros de ancho a contar con tan só 30 centímetros de espazo, critican dende o PP para afear a “falta de mantemento” que reflicte esta realidade. Buracos de gran tamaño e profundidade son outras das deficiencias que observa Óscar Poy ao largo do paseo.

“Están a achicarse os camiños (…) e é unha mágoa”, di. Insiste en que o paseo do Rato é un dos lugares prefereidos polos lucenses para camiñar ou facer deporte, así que advirte que se debería coidar para evitar riscos.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here