InicioSociedadeO PP quere "que se disipen as dúbidas" sobre as residencias da...

O PP quere “que se disipen as dúbidas” sobre as residencias da Deputación de Lugo

Elena Candia xustifica a petición de pleno extraordinario para que "se disipen as dúbidas sobre que queren facer cos compromisos adquiridos cos distintos concellos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, xustificou a petición de pleno extraordinario, que finalmente se convocou o vindeiro martes 20 de agosto, para que “se disipen as dúbidas sobre que queren facer cos compromisos adquiridos cos distintos concellos” da provincia, sobre as 16 residencias para maiores programadas polo goberno provincial, un bipartito que comparten socialistas e nacionalistas.

Candia apelou a que “non son só compromisos cos concellos, senón que son compromisos coas persoas”. “Que digan alto e claro se van manter o modelo de xestión”, afirmou.

Sobre ese modelo, a tamén alcaldesa de Mondoñedo lembrou como o goberno anterior presidido polo tamén socialista Darío Campos presumía do mesmo e agora o que quere saber é “se van facer política coas residencias que para eles era importante utilizalas como arma de debate contra a Xunta de Galicia”.

“Non se fai o pleno por ningún capricho, faise porque era a única posibilidade que tiñamos de ter unha contestación que agora quedará recollida nunha acta”, argumentou.

Así mesmo, os populares requiren explicacións “por informacións contraditorias“, despois de que o presidente da Deputación, José Tomé, dixese que “non ían facer ningunha máis e tamén o que din os seus socios de goberno (o BNG) que interpretan a integración de Suplusa (a sociedade do chan provincial) como o primeiro paso para dinamitar a institución provincial; o próximo parece que serán as residencias”, dixo.

“Non temos clara ningunha folla de ruta. Que expliquen que van facer coas residencias. Tamén dicía o outro día o presidente que non lle deixamos cen días de goberno, pero aquí non hai cambio de goberno, aínda que reneguen do anterior”, resolveu.

ÚLTIMAS

Axentes atopan a un paciente do HULA en pixama polas rúas de Lugo

A Policía Local de Lugo realizou unha serie de actuacións humanitarias co obxectivo de...

Unha muller agride a un axente en Lugo tras saír da vía o vehículo no que viaxaba de acompañante

A Policía Local de Lugo detivo a unha muller por agredir a un axente despois de...

Cae parte do teito do Xulgado do Social número 4 de Lugo, o que obriga á recolocación de traballadores e a xuíza

A xuíza decana dos Xulgados de Lugo, Olalla Díaz Sánchez, ordenou o peche provisional do...

José Tomé: “A elección de Miguel Fernández foi consensuada. Quedou asinada. Foi un proceso totalmente lucense”

Xa vexo que tes moitos papeis enriba da mesa. E iso?  (Ri) Depende de por...