Home Sucesos Falece un octoxenario en pleno centro de Vilalba

Falece un octoxenario en pleno centro de Vilalba

0
Falece un octoxenario en pleno centro de Vilalba
Intersección da rúa Alcalde Fraga Bello coa rúa Ribadeo, en Vilalba | Google Maps

Un ancián de 83 anos de idade faleceu na mañá deste mércores “por causas naturais” no centro de Vilalba, segundo informaron fontes policiais.

O home, que vivía na parroquia vilalbesa de Mourence, caeu redondo na calzada na intersección que une as rúas Ribadeo e Alcalde Fraga Bello minutos máis tarde das 11.00 horas. Segundo avanzou a Policía Local de Vilalba, a persoa falecida “encamiñábase ao centro de saúde da localidade para facerse unhas curas rutineiras” no momento do suceso.

Un particular alertou do sucedido ao 061 e, aínda que os efectivos chegaron de inmediato para tentar reanimalo -debido á proximidade ao edificio sanitario-, nada puideron facer para salvar a vida do home. Desde os servizos de emerxencia tamén indicaron que “o caso está en mans do médico forense”, pero “todo apunta a unha morte natural”. EFE

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here