InicioSociedadeUn edificio en ruínas obriga a cortar unha rúa do centro de...

Un edificio en ruínas obriga a cortar unha rúa do centro de Vilalba

O Concello tomou esta decisión ante o "risco de desprendementos" do inmoble. Tamén se cambiará provisionalmente o sentido da circulación na rúa Alférez Provisional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O Concello de Vilalba tomou a decisión cortar a rúa da Roxeira, en pleno centro histórico da localidade, como consecuencia do “mal estado dunha edificación“, que “presenta grave risco de desprendementos” que “poden ocasionar danos a persoas e vehículos”.

Segundo informou o goberno local, o tráfico quedará cortado a partir do día 5 de agosto, pero antes diso xa se procederá á sinalización do edificio, que está “en estado ruinoso”. Así, poñerase sobre aviso a condutores e viandantes con certa marxe de tempo. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Rodrigo Pavón, precisou que se trata dunha medida “provisional, para garantir a seguridade, avisando con antelación e indicando o lugar afectado, ao ser declarado ese inmoble en ruína”.

Esta situación tamén obrigará a cambiar o sentido da circulación na Rúa Alférez Provisional, para que actúe como vía de saída da Praza Coronel Pena. “Procederemos a acometer as actuacións necesarias para asegurar a edificación, de non facelo os propietarios, repercutindo os gastos ocasionados aos mesmos”, aclarou. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...