InicioSociedadeVÍDEO | A fonte da Praza do Campo e o 'milagre' de...

VÍDEO | A fonte da Praza do Campo e o ‘milagre’ de converter a auga en viño

Este luns 29 de xullo, a asociación de empresarios Lugo Monumental volveu impulsar unha cita que congrega a veciños e turistas, sorprendidos por ver saír viño dos tres canos da fonte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha fonte que, no canto de auga, bote viño. Que tolaría, non? Ata ese ‘milagre’ é posible en Lugo, aínda que unicamente unha vez por cada ano e tan só na fonte da Praza do Campo. Así pois, San Vicente obrou a súa marabilla este luns 29 de xullo, a partir das 20.00 horas. A asociación de empresarios Lugo Monumental, o patrocinio de Viliga -viños e licores galegos- e o Concello colaboran nesta celebración.

O nome de ‘rúa dos Viños’, co que se coñece informalmente á rúa Nova de Lugo, recuperou a súa razón de ser. Por sétimo ano consecutivo, Lugo Monumental axudou a San Vicente a materializar o seu prodixio: a fonte barroca da Praza do Campo manou viño tinto polos seus tres canos xusto no día de Santa Marta, patroa da hostalaría.

Nunh praza ateigada de persoas, correu o viño de balde entre os asistentes. Ademais de decenas de veciñas, veciños e turistas, tamén estiveron presentes a alcaldesa, Lara Méndez, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro. Elas, canda o resto, puideron desfrutar da música tradicional a cargo do grupo ‘Cántigas e frores‘. Foi unha xornada de lecer onde o casco histórico se impregnou do cheiro a viño e a algarabía propia das festas.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...