InicioSucesosDetidos tres mozos en Lugo por roubar a unha nonaxenaria co método...

Detidos tres mozos en Lugo por roubar a unha nonaxenaria co método do ‘tirón’

Dous deles eran menores de idade. Fuxiron ás carreiras e deixaron á vítima tirada no chan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a tres mozos, dous deles menores de idade, por roubar a unha muller de 94 anos de idade co método do ‘tirón’. Escaparon á carreira co moedeiro e deixaron á vítima ferida tirada no chan.

Segundo informa a Policía Nacional, as persoas detidas o pasado mércores 24 son tres rapaces de 18, 15 e 14 anos, aos que se lles imputa un roubo con forza. Tras recibir unha chamada que alertaba de que unha muller estaba tendida no chan e fora obxecto de roubo na rúa Casas Vellas, os policías desprazáronse ao lugar. Alí acharon á vítima no chan, con dores na cadeira e nos brazos. Os axentes procederon a chamar os servizos médicos para a súa atención e posterior traslado ao Hula, onde quedou ingresada.

Segundo relatou a propia vítima, ela paseaba pola rúa cando se lle achegaron tres mozos e lle pediron diñeiro para o autobús. Ela abriu o seu moedeiro e deulles 2 euros. Ao pouco tempo, este tres individuos, de forma sorpresiva e por detrás, arrebatáronlle o moedeiro á vez que a empuxaron “bruscamente” e a tiraron cara ao chan.

Grazas aos datos que se achegaron, coordinouse un operativo policial que rematou coa detención dos rapaces na rúa Vía Láctea. No cacheo, a un deles atopóuselle entre as súas pertenzas a chave do domicilio que pertence á vítima e, ao outro, o moedeiro.

Os feitos foron postos en coñecemento da Fiscalía de Menores e estes foron entregados aos seus proxenitores. En canto ao individuo de 19 anos, que presenta antecedentes policiais, foi posto a disposición xudicial e decretado o seu ingreso en prisión.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...