InicioPolíticaPilar García Porto será a voceira socialista no goberno da Deputación

Pilar García Porto será a voceira socialista no goberno da Deputación

É a primeira muller en ocupar este cargo. "Ela coñece perfectamente a casa e a súa xestión", di o presidente, José Tomé, en referencia aos cargos que xa asumira Porto anteriormente nesa mesma institución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Pilar García Porto será a voceira socialista do goberno provincial neste novo mandato. Así o avanzou este mércores o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, que destacou dela a súa “traxectoria e experiencia” tras levar oito anos vinculada ao equipo de goberno.

García Porto entrou na corporación provincial no ano 2011, cando ocupou a área de Economía, Recadación e Facenda, labor que compatibilizou coa de vicevoceira socialista na Deputación. No pasado mandato dirixiu a área de Cultura, Patrimonio Histórico, Artesanía e Deseño, e Educación.

José Tomé fixo fincapé na súa “gran capacidade de diálogo” e “resolución”. “Coñece perfectamente a casa e a súa xestión”, engadiu o presidente.  Ademais, dende a Deputación poñen en valor que esta será a primeira vez que unha muller asume o papel de voceira do goberno provincial, algo que segundo eles cumpre co compromiso de avanzar na igualdade de xénero.

SECRETARÍA XERAL 

Á parte do nomeamento de García Porto, no día de onte tomou posesión como secretaria xeral da Deputación María Esther Álvarez Martínez. Ela viña desempeñando ese cargo dende novembro de 2018, momento no qeu se converteu na primeira muller en asumir tales funcións.

PLENO DE ORGANIZACIÓN

Por outra banda, tal como avanzara o presidente, hoxe foi convocado o Pleno extraordinario para aprobar a organización da Corporación provincial. Dita sesión celebrarase o vindeiro martes, día 30, ás 11.00 horas. A celeridade para a súa convocatoria responde ao afán para implantar canto antes un “funcionamento ordinario, a normalidade e a tranquilidade” na Deputación.

Lugo, 24 de xullo de 2019

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...