InicioSociedade"Desbroces a ritmo de verbena": o PP di que a maleza das...

“Desbroces a ritmo de verbena”: o PP di que a maleza das parroquias de Lugo só se limpa antes das festas

Piden que o Concello lle urxa a Fomento o correcto mantemento das vías da súa competencia. "Cando se puxo en funcionamento a LU-12, as vías de servizo daban cabida a dous vehículos ao mesmo tempo, algo que xa non sucede" debido ás herbas e silvas que invaden os carrís.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP denuncia o estado no que se atopan as vías de servizo da estrada LU-12, “practicamente cubertas pola maleza“. Onde antes pasaban dous vehículos sen problemas, agora só pode pasar un, aseguran os populares.  Critican que en Lugo se fai unha “limpeza selectiva” da rede de estradas e cualifican esas actuacións como “desbroces a ritmo de verbena”.

O concelleiro popular, Manuel López, explicou que a limpeza e mantemento desta vía é competencia estatal, pero pensa que dende o Concello deberían meterlle présa a Fomento. “Falamos do mellor acceso que teñen os veciños de Piugos e parroquias da contorna ás suas vivendas dende a estrada de Santiago”, así que ven a situación como un exemplo de “deixamento” do goberno central con Lugo.

Este problema esténdese, di o PP, a todas as parroquias do rural debido a non contar cun plan específico para isto.  Lamentan que o goberno opte por unha “limpeza selectiva”, o que eles denominan “desbroces a ritmo de verbena”: segundo eles, só se roza nos días previos ás festas desas parroquias.

Así mesmo, López afirma que dende o PP xa puxeron enriba da mesa a necesidade de rozar varias fincas do Concello de Lugo para cumprir coa lei de prevención de incendios. “O goberno local non fai nada por limpar a maleza” e iso “pode ocasioanar graves problemas para os lucenses”.

ÚLTIMAS

A defensa do asasino de Cristina Cabo solicita ao TSXG rebaixar a condena a homicidio e furto

A defensa do home de orixe colombiana condenado por matar á lucense Cristina Cabo...

Morren dúas persoas nun accidente de tráfico entre un camión e un turismo en Lugo

Dúas persoas faleceron este luns nun accidente de tráfico entre un camión e un...

O TSXG revisa este luns o recurso do condenado polo asasinato de Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este luns a vista de...

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...