InicioSociedadeO Sergas presume de "excelente" xestión sanitaria en Lugo

O Sergas presume de “excelente” xestión sanitaria en Lugo

Almuiña explicou que se ampliou o cadro de persoal do servizo de fisioterapia do HULA e do Hospital da Mariña, entre outras

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe no Parlamento que o servizo de fisioterapia no HULA e no Hospital da Mariña ampliaron o seu cadro de persoal. No caso do centro de Lugo, incorporáronse seis profesionais, mentres que en Burela entraron dous. Neste sentido, o Sergas presumiu de que a fisioterapia na EOXI de Lugo está a se realizar con medios propios.

O responsable de Sanidade tamén mencionou as contratacións dun segundo terapeuta ocupacional no HULA e a próxima chegada dun segundo logopeda. Un dos terapeutas tamén deberá prestar servizos no Hospital de Monforte e Almuiña explicou que se fai así para evitar o traslado dos pacientes ata a zona de Lugo.

O conselleiro gabou a xestión de Sanidade que fai a Xunta, mentres que en Galicia se vive un ambiente de tensión e protestas xustamente por entender que se pon en perigo un servizo tan básico como é este. A sanidade galega “é cento por cento pública, de excelente calidade e apreciada por todos os galegos”, sinalou el, malia iso.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...