InicioSucesosDetido tras unha persecución policial por causar danos e agredir a clientes...

Detido tras unha persecución policial por causar danos e agredir a clientes nun bar en Lugo

Opuxo "grave resistencia" cando procederon á detención do mozo, que foi levado a dependencias policiais para instruír as dilixencias oportunas para o xulgado de garda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo duns 26 anos de idade, identificado como A.M.M., foi detido tras unha persecución policial despois de causar danos nun bar e agredir a clientes deste establecemento en Lugo.

Segundo relatou a Policía Local, axentes da Unidade Territorial da Policía de Barrio de Lugo detiveron ás 18,00 horas do pasado 6 de xuño a este mozo, A.M.M., de 26 anos e veciño da cidade.

Cando patrullaban polas inmediacións dun bar situado na Avenida da Coruña foron requiridos por varias persoas xa que no seu interior o mozo estaba a causar danos ao tirar “cadeiras e taburetes contra o mobiliario do bar”, destacaron as mesmas fontes, e “agredindo”, engadiron, aos clientes que había.

Posteriormente saíu correndo do local e os axentes mobilizados localizárono á altura do número 198 da Avenida A Coruña onde, tras darlle varias veces o alto, fixo caso omiso e introduciuse no interior dun edificio.

Tras entrar ao segundo piso, propiedade dun tío seu, saltou pola xanela cara a unha terraza cuberta e, posteriormente, saltou de novo un peche perimetral duns dous metros a unha leira na rúa Azor.

Os axentes saltaron tamén ao interior da leira, relataron as mesmas fontes policiais, onde procederon á detención do novo, quen opuxo “grave resistencia”, subliñou a Policía Local. Tras o seu arresto, foi levado a dependencias policiais para instruír as dilixencias oportunas para o xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...