InicioMedioambiente e PatrimonioO paseo do río Rato contará cun carril bici de dous quilómetros...

O paseo do río Rato contará cun carril bici de dous quilómetros e medio

A Deputación adxudicou con 505.600 euros as obras de construción, cuxa inicio se prevé para despois do verán

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo adxudicou con 505.600 euros as obras para construír un carril bici no paseo do río Rato. O percorrido estenderase ao longo de dous quilómetros e medio, entre a zona da Tolda da Castela e o cruce da LU-530 coa LU-P-2925. Agárdase que os traballos se inicien logo do verán.

Así o informaron o  voceiro do goberno en funcións, Álvaro Santos, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Destacaron o cumprimento dun compromiso que tiñan cos veciños, que era o de “dinamizar o pulmón verde da cidade”. Para iso, na zona da Tolda, instalarase unha zona de ocio con bancos, paneis informativos, etc. Á beira do propio carril construirase, ademais, unha tarima de 2,5 metros de ancho e colocarase un pasamáns de seguridade por todo o tramo.

Debido ao nivel que existe en distintos puntos do paseo, tamén será necesario construír catro plataformas elevadas, sostidas ao chan por vigas de madeira. A maiores, dotarase a área dun aparcadoiro para bicicletas e sinalización. Dende a Deputación salientan que se empregarán materiais antiesvarantes e respectuosos co medio ambiente.

A fío disto, a rexedora local valorou o “impulso” por un “modelo de cidade máis humana, con máis mobilidade, accesibilidade, integración e con maior grao de recuperación de espazos públicos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...

Vilalba levará un orzamento de 14 millóns de euros ao pleno do 26 de marzo

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que estas contas “responden a unha idea...