InicioLugo e contornaLugoXosé María Arias e Patricia Otero competirán para dirixir o PSOE provincial

Xosé María Arias e Patricia Otero competirán para dirixir o PSOE provincial

Tanto o alcalde de Castroverde como a deputada autonómica xa se presentaran hai tres anos a unhas votacións nas que se impuxera Álvaro Santos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, e a deputada autonómica Patricia Otero  (Burela) postuláronse este mércores para dirixir o Partido Socialista na provincia de Lugo tras o proceso interno aberto coa dimisión de Álvaro Santos como secretario provincial.

Os dous rexistraron as súas precandidaturas na sede do PSOE de Lugo este mércores, xornada na que finaliza o prazo para inscribirse nestas primarias. Agora teñen cinco días para recoller os avais necesarios para converterse en aspirantes á secretaría provincial.

En concreto, segundo indicaron fontes do partido, necesitan entre o 3% e o 6% de avais dos case 1.900 afiliados do PSOE na provincia. No caso de que ambas candidaturas saian adiante, o sábado día 20 de xullo terá lugar a votación, unha semana antes da data fixada para o Congreso provincial -27 de xullo- que programou a xestora presidida por José Antonio Quiroga, secretario de Organización do PSdeG.

Tanto o alcalde de Castroverde como a deputada Patricia Otero xa se presentaran hai dous anos ás primarias do PSOE provincial, unhas votaciós nas que Álvaro Santos se impuxo como secretario dos socialistas lucenses. Ademais, mentres que Patricia Otero apoiou a Pedro Sánchez nas primarias á secretaría xeral do PSOE, o alcalde de Castroverse sitouse do bando de Susana Díaz, tal e como lembraron fontes socialistas.

A respecto da existencia de dous precandidatos, o presidente da xestora, José Antonio Quiroga, valorou a “total normalidade” coa que se “está desenvolvendo o proceso”, así como a “disposición e compromiso” mostrado polos dous afiliados que decidiron dar un paso adiante para encabezar o partido nesta nova etapa.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...