InicioMovementos sociaisCorreos parará e manifestarase este xoves en Lugo polos recortes

Correos parará e manifestarase este xoves en Lugo polos recortes

As centrais sindicais piden a fin dos recortes en orzamento e planteis – A manifestación comezará ás 13.30 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

CCOO, CSIF e Sindicato Libre, organizacións sindicais que representan ao 85 por cento do persoal de Correos, coordinan mañá paros en toda España. Os empregados paralizarán o servizo nas dúas últimas horas do turno de noite, de mañá e de tarde. Protestarán así polos recortes previstos en 2018 e os efectuados estes anos, que suprimiron un de cada catro postos de traballo a nivel español e tamén na provincia de Lugo.

Precisamente será a cidade de Lugo a que liderará o protesto cunha manifestación pola supresión de 120 empregos e a precarización do servizo de Correos. A marcha partirá da rúa Juan Montes ás 13.30 horas, e percorrerá as rúas Progreso e San Pedro, Praza Maior, Conde Pallares, Dr. Castro, Armanyá e Praza de Armanyá, diante da Subdelegación do Goberno, onde finalizará ás 14.30 horas.

Os paros están xustificados pola reducción orzamentaria de 123 millóns en 2017, aos que hai que engadir outros 60 para 2018. Segundo salientan os sindicatos, estas reduccións deixan a Correos sen plan de modernización para o mercado da paquetería e o comercio electrónico, e advirten de que non compensarán o déficit de 225 millóns previsto para este exercicio. As mobilizacións continuarán despois de xuño e ata finais de ano.

En conxunto, na última década foron eliminados 15.000 empregos fixos, o 26 por cento do total, un punto porcentual por enriba da provincia de Lugo. Entre os efectos desta reducción están a perda de calidad no servizo, con saturación polas baixas por enfermidade e unha caída nas condicións laborais. De manter o actual recorte, en Lugo caerían 230 postos pola falla de reposición de efectivos. Os sindicatos advirten que na capital lucense será imposible facer o reparto cinco días á semana e alertan do impacto no extrarradio e nas zonas rurais, incluído o recorte do horario de atención ao público.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...