InicioSociedadeA USC implanta en Lugo o grao en Robótica para o próximo...

A USC implanta en Lugo o grao en Robótica para o próximo curso 2019-2020

Ao mesmo tempo, a Universidade retira o grao en Xestión de PEMES e o de Lingua e Literatura Españolas impartidos no campus de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) incluirá por primeira vez o grao en Robótica entre as 44 titulacións que permitirá cursar o próximo ano. A nova carreira impartirase na Escola Superior de Enxeñaría Politécnica de Lugo.

O reitor da USC, Antonio López, e a vicerreitora de Titulacións, Vitoria Otero Espinar, presentaron esta mañá no compostelán Colexio de San Xerome a oferta de graos, dobres graos e másteres para o curso 2019-2020. Así, a Universidade permitirá cursar 44 graos, nove dobres graos e 66 másteres.

En total, haberá 4.458 prazas repartidas entre os graos e os dobres graos, e 1.849 para os másteres. “Como novidade máis substancial, implantarase a partir de setembro o grao en Robótica no campus de Lugo, na Escola Superior de Enxeñaría Politécnica”, anunciou o reitor. A pesar das novidades, o número de prazas total é lixeiramente menor ao do ano pasado –4.517 no curso 2018-2019– pola supresión dos graos en Xestión de Pemes e Lingua e Literatura Españolas, ambos os impartidos no campus lucense –en Compostela, Lingua e Literatura continúa con normalidade–.

“Aumentamos as prazas nas carreiras en Dereito, Enxeñaría Informática, Matemáticas, Psicoloxía e Ciencias da Educación”, explicou López ao comezo da súa intervención. E tamén engadiu que estes aumentos nunca superan, “por lei”, o 10% das prazas xa ofertadas e que responden, sobre todo, “á demanda e á empregabilidade dos titulados”.

Pola súa banda, a vicerreitora detallou máis detidamente a conformación da oferta docente: “Na rama de Artes e Humanidades ofértanse cinco títulos de grao, cinco na de Ciencias, oito na de Ciencias da Saúde, catorce na de Ciencias Sociais e Xurídicas e outro oito na de Enxeñaría e Arquitectura”.

A maior parte dos graos, 33 concretamente, impartiranse no campus da capital, mentres que 16 –algúns como Enfermaría e Ciencias da Educación danse en ambos– poderanse cursar no campus de Lugo.

Por outra banda, os 66 másteres ofertados están, tamén, “ben diversificados”, en palabras da vicerreitora, entre as ramas do coñecemento. Deles, 54 impartiranse en Santiago e 12 na capital lucense. “Deses másteres, 26 son interuniversitarios e dous son ‘Erasmus Mundus'”, engadiu Otero Espinar.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...

Lugo Monumental celebra a súa asemblea anual reelixindo a Luis Latorre como presidente

Lugo Monumental celebrou o martes día 3 de febreiro ás 16:00 a súa asemblea...