InicioMedioambiente e PatrimonioAnimalistas abren unha petición en Change.org para que o futuro...

Animalistas abren unha petición en Change.org para que o futuro Concello de Lugo teña unha Concellería de Protección e Benestar Animal

Está impulsada por, entre outras, Anonymous, CON-ÉTICA ou a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varias entidades socias e animalistas pídenlle ao futuro goberno do Concello de Lugo e, en especial, a súa alcaldesa, Lara Méndez, que cree unha Concellería de Protección e Benestar Animal. Entre estas entidades están Anonymous For The Voiceless Lugo, Asociación MALP Mis Amigas Las Palomas, CON-ÉTICA Plataforma Pola Convivencia Ética Coa Fauna Silvestre, Lugo Animal Save ou a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de LUGO.

Por iso, abriron unha petición de firmas na plataforma social Change.org para insta a socialistas e nacionalista a que sigan o exemplo do “exitoso traballo” desenvolto en concellos coma Alicante, Valencia, Cox, Burjassot, Torrevieja ou as iniciativas de Ames, Ferrol ou Compostela.

Entre os problemas a resolver pola futura corporación destacan o “abandono de cans e cadelas, gatos e outros animais usados coma mascotas, a saturación e dramática situación do refuxio da Protectora de Lugo, a cría descontrolada de animais, cabalos mal coidados ou mesmo esfameados ou enfermos aparcados en fincas da cidade ou deambulando polo medio do tráfico, regularización e toma de responsabilidade das colonias felinas da cidade, control ético das pombas urbanas ou o compromiso co control ético do acceso de fauna silvestre a Lugo”.

Son, din, “retos e responsabilidades que deben asumirse sen máis dilación e non poden seguir minimizándose e postergándose”. Neste sentido, lembran tamén o interese expresado por este tema por formacións coma o BNG ou mesmo, no que respecta á problemática cos cans, polo Partido Popular. “Agardamos que esta iniciativa sexa tida en conta e vexamos pronto cambios nestes eidos”, aventuran.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...