InicioA UlloaO PSOE aposta por Darío Campos para volver presidir a Deputación de...

O PSOE aposta por Darío Campos para volver presidir a Deputación de Lugo

O secretario provincial dos socialistas avoga por un "marco xeral" a nivel galego entre PSOE e BNG para "contar con gobernos estables" e acusa aos populares de "abrazar o transfuguismo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario provincial do PSOE de Lugo, Álvaro Santos, asegurou este luns, tras facer balance das eleccións municipais, que “salvo novidades”, o candidato do partido socialista á Presidencia da Deputación será o presidente aínda en funcións, o alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde.

“É o meu candidato, o partido socialista obtivo un resultado que lle permite gobernar a Deputación, que permite que siga con absoluta normalidade este proceso e este procedemento con quen é presidente e con quen conduciu a institución nun momento de gran complexidade política, que a conduciu con atino”, destacou Santos nunha rolda de prensa.

Con todo, os socialistas, con dez deputados provinciais, volverán necesitar do BNG, con tres actas, para repetir no goberno provincial fronte ao grupo maioritario, que volve ser o PP con doce cadeiras de brazos no Pazo de San Marcos.

Santos non escatimou en eloxios cara a Campos sobre a súa xestión nos últimos catros anos, durante a lexislatura que se iniciaba posibilitando Manuel Martínez un efémero goberno de tres meses da popular Elena Candia, daquela regresando ao PSOE e finalmente expulsado do partido.

ACUSA AO PP DE “ABRAZAR O TRANSFUGUISMO”

En clave de autocrítica, o secretario provincial recoñece, froito desta lexislatura na Deputación, que asumen este “custo” pero que, a pesar de todo, manteñen a posibilidade de gobernar a institución e conter ao PP, que “utilizou a súa posición abrazado ao transfuguismo para bloquear os proxectos da cidadanía e a pesar diso mantelo”. “Creo que merece que podamos, durante unha lexislatura xa con estabilidade, rematar eses proxectos que están iniciados”, engadiu.

En canto a futuros pactos, avoga por “un marco xeral” a nivel galego entre PSOE e BNG sobre o que descansen estes acordos e así deslizou que “contar con gobernos estables é beneficioso para a cidadanía”.

Desde o Partido Socialista imos tratar de promovelos onde somos a forza máis votada e temos esa posición vantaxosa e onde non, tamén. Agora, o ideal sería que houbese un marco xeral para todos e, se non é posible, acudiremos a marcos puntuais”, deixou caer.

De momento, admitiu que aínda non se falou co BNG e que para iso aínda “hai tempo ata o 15 de xuño”, data en que se comporán as corporacións municipais. En canto ao balance, resaltou que o PSOE pasa de “gobernar ou cogobernar” en 28 concellos da provincia en 2015 a 32 logo dos resultados das eleccións, dun total de 67 municipios na provincia de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...