Home Lugo e contorna Lugo Villares di que os galegos se “xogan” volver a “concellos rancios” ou avanzar en políticas “progresistas”

Villares di que os galegos se “xogan” volver a “concellos rancios” ou avanzar en políticas “progresistas”

0
Villares di que os galegos se “xogan” volver a “concellos rancios” ou avanzar en políticas “progresistas”
Luís Villares, portavoz de En Marea / EP

O portavoz de En Marea, Luís Villares, animou a votar porque os galegos se “xogan” nestas eleccións municipais volver a “aqueles concellos rancios, dos recortes ou a corrupción” ou ratificar e avanzar en “concellos progresistas que puxeron políticas completamente diferentes ao servizo da xente que máis o necesitaba“.

Villares, que acudiu a votar na Casa das Linguas no barrio lucense de Fingoi, fixo un “chamamento a toda a cidadanía a que non quede na casa, que participe” e, subliñou, “pense quen lle ofrece esa mellor alternativa de progreso para a súa cidade e a súa vila“.

Así mesmo, incidiu en que tamén se celebran este 26 de maio eleccións europeas. “Europa foi a escusa para recortes en pensións, en sanidade, en educación… Para impedir producir no sector naval, pesca e agro…”, sostivo.

Por iso, considerou que “é momento de pensar en Europa e apostar por opcións que defendan” os “intereses como galegos”. “Que defendan o emprego, as oportunidades laborais e o medio ambiente”, abundou Villares. “Fronte a ese esquecemento, é momento de coller a papeleta que interesa a defensa dos nosos intereses en Europa”, sentenciou.

+ posts