InicioLugo e contornaO novo centro de saúde integral do barrio lucense da Milagrosa licitarase...

O novo centro de saúde integral do barrio lucense da Milagrosa licitarase en xuño

A obra consistirá na rehabilitación do Hospital Materno Infantil, hoxe en desuso. Trátase dun inmoble protexido que data da década de 1950, polo que as obras "respectarán a edificación orginal" e producirase a limpeza de "os volumes engadidos" co paso do tempo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia desbloqueou a construción do novo centro de saúde integral do barrio lugués da Residencia, cuxas obras serán licitadas o próximo mes de xuño cun orzamento total de 12 millóns de euros e un prazo de execución de 20 meses.

O Consello da Xunta deste xoves deu luz verde ao crédito para iniciar a licitación da nova infraestrutura sanitaria para a cidade de Lugo, que consistirá na rehabilitación do Hospital Materno Infantil, hoxe en desuso.

Trátase dun inmoble protexido que data da década de 1950, polo que as obras “respectarán a edificación orixinal” e producirase a limpeza de “os volumes engadidos” co paso do tempo, segundo concretou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do seu executivo.

Feijóo aproveitou para criticar ao Concello de Lugo, gobernado pola socialista Lara Méndez, a dilación na concesión da licenza para levar a cabo a actuación solicitada pola Xunta en xullo do pasado ano 2018. “Non ten ningún sentido”, aseverou.

O centro contará cunha superficie de “máis de 8.000 metros cadrados” repartidos en seis plantas, onde se situarán un centro de saúde, o servizo de PAC e urxencias, unha área de saúde mental e unha base de Urxencias Sanitarias 061.

 

ÚLTIMAS

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do...

A Deputación de Lugo impulsa unha campaña para apoiar ás familias na volta ao cole

A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio lanzaron este venres na...