InicioEconomíaA autovía Lugo-Santiago non estará lista até 2027, segundo Feijóo

A autovía Lugo-Santiago non estará lista até 2027, segundo Feijóo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, dixo este luns que “todo parece indicar” que a autovía entre Santiago e Lugo, a A-54, estará finalizada non para o Xacobeo 2021 como estaba previsto, senón para o próximo, que será en 2027.

Nunha comida mitin en Melide (A Coruña), Feijóo adiantou que dirá ao próximo ministro de Fomento que “non é de recibo” que a autovía se atope agora “semiparada” despois de que o Goberno de Mariano Rajoy “a metese nos seus Orzamentos Xerais “durante a recesión económica” e deixase “todos os tramos licitados” antes do cambio na Moncloa pola moción de censura.

Ademais de atacar ao Executivo de Pedro Sánchez coa A-54, puxo o foco na situación económica “non tan optimista” que está a deixar o PSOE en España desde que goberna. “Europa acábanos de confirmar que as contas públicas empezan a ter datos de déficit non previstos”, apuntou.

Feijóo tamén fixo referencia ao superávit de Galicia en 2018, froito dunha “Comunidade solvente” e “á marxe de problemas financeiros” e do que lamentou que a Xunta “aínda non ten” a autorización do Goberno central para gastalo. No entanto, a Administración autonómica xa previu unha ferramenta legal para reducir a débeda autonómica e investir o remanente “en infraestruturas sanitarias, educativas, do Camiño de Santiago e do sector industrial e rural”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...