Home Lugo e contorna Detida unha muller con 17 detencións anteriores por tratar de roubar nun comercio de calzado en Lugo

Detida unha muller con 17 detencións anteriores por tratar de roubar nun comercio de calzado en Lugo

0
Detida unha muller con 17 detencións anteriores por tratar de roubar nun comercio de calzado en Lugo
Detidos dous irmáns e unha amiga tras ser sorprendidos cando trataban de roubar nun comercio de calzado en Lugo. POLICÍA NACIONAL

Axentes da Policía Nacional detiveron na noite do domingo a tres persoas, unha parella de irmáns xunto a unha amiga, por tentativa de roubo con forza tras ser sorprendidos cando trataban de roubar nun comercio de calzado de Lugo.

Segundo informou a Policía Nacional, o aviso dunha veciña sobre unhas persoas que tentaban fracturar o escaparate dunha zapatería, xunto coa “rápida intervención policial, desbaratou o propósito de roubo”, ao ser sorprendidos mentres se escondían nun garaxe enfronte do local.

Estes tres individuos, un home e dúas mulleres –dúas delas irmáns e unha amiga–, de 19, 20 e 35 anos de idade, como non puideron entrar, comezaron a golpear e fracturar unha das lúas do escaparate cunha machada. Para disimular, cando vían achegarse xente, escondíanse no oco de entrada a un garaxe, destaca a Policía.

O tres contan con antecedentes penais. En concreto, destaca a Policía, a muller de 35 anos de idade foi detida ata en 17 ocasións. O pase a disposición xudicial está previsto para este luns.

A intervención levouna a cabo un equipo de Radio Patrullas e un equipo do Grupo Operativo de Resposta (GOR) da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá.

+ posts