Complicacións nas estradas en dezanove concellos da provincia

As estradas afectadas están na Montaña e a Chaira, as zonas máis afectadas pola borrasca Helena, que provoca inundacións, acumulacións de neve e fortes ventos

O dispositivo invernal traballa en 13 estradas da provincia | Deputación de Lugo
O dispositivo invernal traballa en 13 estradas da provincia | Deputación de Lugo

A borrasca Helena obrigou a despregar todos os medios do Dispositivo de Inverno da Deputación de Lugo. Os 112 operarios, apoiados por 64 máquinas, traballan a pleno rendemento e están a actuar en vías de trece concellos. O temporal provocou o peche de varias estradas por acumulacións de auga e desprendementos.

Estradas con dificultades

  • Baleira: LU-P-0401 “de Corveira, por Corneas ao Restelo”.
  • Cervantes: LU-P-1401 “de LU-P-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “de San Román a Quindós”; LU-P-1405 “de Campa da Braña a Tres bispos”; LU-P-1411 “de Vilanova ao Portelo”; LU-P-1412 “de Quindós a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”; LU-P-0702, “da estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada”.
  • A Fonsagrada: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”.
  • Folgoso do Courel: LU-P-1303 “de Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-4505 “de Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”; LU-P-1305, “de Campa, por Vilar, ao Alto do Boi”; LU-P-1306, “da LU-651, en Megoxe, a Herrería do Incio”.
  • O Incio: LU-P-2505 “de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón”.
  • Navia de Suarna: LU-P-3501 “Paradela ao Alto do Restelo”; LU-P-3502 “de Muñis a Rao”; LU-P-3508 “De Rao por Murias a Balouta”; LU-P-3505, de Navia, por Silvouta e Vilaquinte, a Donis”; LU-P-3509, “de Navia ao alto de Labiadas”.
  • As Nogais: LU-P-3701 “de As Nogais, por Pintinidoira á 4504”; LU-P-4503 “de San Pedro, por Busnullán e Vilasol a Nullán”.
  • Pedrafita: LU-P-4504 “de Pedrafita ao Portelo”; LU-P-4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”; LU-P-4503, “de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullan”.
  • Quiroga: LU-P-5001 “de Ponte Barreiro a Vilarbacú”; LU-P-5004, “de Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ao límite provincial”; LU-P-5002 “de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor”; LU-P-5005 “de Alto de Aldriz a Vilar de Lor”.
  • Ribas de Sil: LU-P-5301, “de San Clodio ao Alto da Moa”.
  • Ribeira de Piquín: LU-P-1906 “de Pedrafitelas, por Vilares a Os Cangos”; LU-P-4606, “de Rioxuan, por Boel, Chao de Pousadoiro e Carballido a Asturias”.
  • Samos: LU-P-5603 “de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo”; LU-P-5601 “de Samos a Courel e Rampa Sta. Mariña”; LU-P-1306, “de Megoxe a Herrería do Incio”; LU-P-5605, “de Parada, por Santalla a Ponte Louzara”.
  • Triacastela: LU-P-3702 “de As Nogais, por Nullán a Lamas”.

Estradas cortadas

Ademais das anteriores, estase a traballar para reabrir ao tráfico sete estradas cortadas por acumulacións de auga, a excepción do Concello de Baralla, onde se produciron desprendementos. 

  • Begonte: LU-P-0802, “de Begonte a Santalla”.
  • Cospeito: LU-P-1112, “de Muimenta a Pacios”; e LU-P-1701, “de Feira do Monte a Muimenta”.
  • Pobra do Brollón: LU-P-4703, “da estrada de Bóveda a Pobra do Brollón, á da Pobra do Brollón ao Incio”; LU-P-4705, “de Nogueiras a Cereixa”.
  • Vilalba: LU-P-6513, “de Vilalba a Camposo de Foxo de Penamaior e rampa a Xermade”.
  • Xermade: LU-P-2207, “da Raiola, por Ponte Corbal, a Buriz”.
  • Baralla: LU-P-0502, “de Baralla, por Guimarei, á estrada de Souto de Torres a Sobrado”.

Reaberta a circulación na A-6 entre O Corgo e Pedrafita

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here