Evacuados os 240 alumnos do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba

O cheiro a queimado no cadro de contadores obrigou á evacuación preventiva do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba

Os servizos de emerxencia están destacados no Antonio Insua Bermúdez de Vilalba | Xunta de Galicia
Os servizos de emerxencia están destacados no Antonio Insua Bermúdez de Vilalba | Xunta de Galicia

A ameaza de incendio obrigou a evacuar este mediodía, por precaución, os 240 alumnos do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba.

Contra as 14.00 horas deste luns, o cheiro a queimado procedente dun cadro de contadores orixinou a alarma no centro de ensino vilalbés.

Ata o Antonio Insua Bermúdez desprazáronse os Bombeiros de Vilalba, efectivos da Protección Civil da localidade, a Policía Local e operarios da compañia de subministro eléctrico.

O risco de incendio está descartado, segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias (Axega).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here