InicioSucesosTres familiares intoxicados por gas no lugar de Carballal, en Vilalba

Tres familiares intoxicados por gas no lugar de Carballal, en Vilalba

Un dos familiares tivo que ser trasladado ao HULA – No lugar quedaron tendidos varios animais, posiblemente pola acumulación de lodos nun alpendre

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres membros dunha familia foron evacuados no mediodía deste luns polos servizos sanitarios de urxencia logo de resultar intoxicados por gas en Vilalba.

Os tres atendidos por síntomas de intoxicación residen na mesma vivenda do lugar de Carballal, na parroquia de Vilapedre. Un dos familiares tivo que ser trasladado ao HULA, mentres que os outros dous afectados recibiron atención no Punto de Atención Continuada.

Malia que aínda están por esclarecer as causas polas que foron intoxicados, os efectivos trasladados ata a vivenda indican que podería deberse á acumulación de lodos para a obtención de biogás nun alpendre próximo. O servizo do 112 Galicia foi informado de que no lugar había animais tirados no chan.

Segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), o aviso produciuse contra as 12.00 horas. Inmediatamente foron desprazados equipos adicionais dos Bombeiros de Vilalba, Garda Civil, Policía Local e elementos de Protección Civil da localidade.

O persoal sanitario comunicou ao 112 que unicamente unha das persoas intoxicadas requería o traslado ao Hospital Universitario Lucus Augusti. Os outros dous familiares foron atendidos polos profesionais facultativos no lugar dos feitos e no PAC da localidade.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...