Animalistas denuncian casos de “maltrato animal” na feira de Vilalba por galiñas presas en gaiolas

Din que están "hacinadas, pechadas en grupo en diminutas gaiolas, cunha falta absoluta de mobilidade"

Galiñas en gaiolas á venda na feira de Vilalba que motivaron unha denuncia do PACMA / remitida
Pacma, unha formación política partidaria de protexer aos animais, denunciou ante o Concello de Vilalba os “malos tratos a animais” en feiras de gando e mercados locais, polo que pide prohibir ese tipo de comercio.
A denuncia cursada ás autoridades municipais está motivado polas queixas de cidadáns polas “pésimas condicións” de trato aos animais na feira mensual de Vilalba, que se celebra o primeiro domingo de cada mes.
Unhas imaxes tomadas o pasado 4 de xullo mostra as “terribles condicións” en que se atopan os animais comercializados, que están “hacinados, pechados en grupo en diminutas gaiolas, cunha falta absoluta de mobilidade, sen acceso a auga, e algúns até con signos evidentes de malos tratos”, indica Pacma.
A citada formación política precisa que hai casos de porcos con “laceracións sanguentas“, segundo a denunciante que tomou as imaxes, e que atribúe a “golpes constantes que os animais recibían cunha vara” por parte do vendedor.
Ese partido político subliña no seu escrito ao Concello que a lexislación 32/2007 sobre coidado de animais na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio, establece no artigo 4 a “obrigación das administracións públicas” en “adoptar as medidas necesarias para que os animais non padezan dores, sufrimentos ou danos”.
Pacma exhorta ao Concello a prohibir o comercio de animais en feiras, mercados e eventos similares e reclama que adopte as “medidas necesarias para identificar e sancionar aos responsables” de malos tratos. Ademais, pide ás autoridades “protexer á animais fronte ao abuso e malos tratos” para “evitar que se repita esta situación no futuro”, xa que pola contra, resérvase o dereito de emprender as “oportunas accións legais” que considere convenientes.

3 COMENTARIOS

  1. Toda la vida se han llevado las gallinas en jaulas y no pasó nada yo creo que en la vida hay otros malos tratos que deberíais de comenta no las gallinas

  2. Yaaa, pero,el que tiene al perrete, todo el día, metido en un piso y lo baja, a cagar y mear, a la acera, eso no es maltrato, cuanta tonteria joder, vamos a peor, día tras día

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here