InicioLugo e contornaA alcaldesa de Vilalba atribúe a "un accidente" o incendio na nave...

A alcaldesa de Vilalba atribúe a “un accidente” o incendio na nave de xamóns

A rexedora ratifica que os danos materiais foron "importantes" pero que, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, descartou a intencionalidade e atribuíu a “un accidente” a orixe do incendio que este fin de semana calcinaba un terzo dunha nave de xamóns no municipio.

A propia rexedora ratificou que o lume quedou “declarado como extinto” na tarde do domingo e agora confía que “o máis axiña posible” se poida realizar a pertinente inspección para así “determinar o punto onde se iniciou” e que a empresa “poida recuperar, aínda que sexa parcialmente, a súa actividade nun breve período de tempo”.

Veleiro constatou que “os danos materiais foron importantes”, aínda que seguidamente congratulouse de que non houbese que lamentar “ningún dano persoal, nin leve nin grave”, neste episodio que obrigou á Xunta a activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga).

“Agora toca esperar que se poida pór en marcha o reinicio da actividade canto antes para estudar as necesidades da empresa e dos propios empregados”, subliñou.

En canto ás causas do incendio, a alcaldesa de Vilalba insistiu en que non foi intencionado e deslizou que se debeu “a unha desgraza, a algo accidental por acumulación de graxa e nalgunha área onde hai aparatos que puidesen producir algún tipo de contacto”.

ÚLTIMAS

Un coche con catro ocupantes, tres deles menores, sofre unha saída de vía en Vilalba

Un coche no que viaxaban catro persoas, unha condutora e tres menores de idade,...

A Deputación acusa á Xunta de “atrasar” a protección da Torre de Caldaloba

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e a deputada de Cultura, Iria Castro,...

“Sempre estiven metido en comisións de festas e organizando eventos dende adolescente”, Daniel Veiga, ‘Plenario’

Daniel Veiga cóntanos que é da aldea de Vilaouruz, na Pontenova, aínda que é popularmente...

Presentación ao vivo de ‘Alvela’, novo disco de Faia, en Lugo

FAIA presentará ao vivo Alvela este 2 de maio en Lugo. A partir das 20.30...