InicioPolíticaFeijóo visita Vilalba e presume de "compromiso" coa vila: "É a máxima...

Feijóo visita Vilalba e presume de “compromiso” coa vila: “É a máxima prioridade para o Goberno”

"Estamos a ver como esta localidade está a converterse nunha das grandes capitais de España no sector lácteo", incidiu.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou Vilalba como “prioridade máxima” para o Goberno galego e reivindicou o investimento realizado na localidade, como a posta en marcha da escola infantil e os máis de 60 millóns destinados aos sectores da agricultura e gandaría.

Durante unha visita ao municipio, Feijóo repasou algúns dos investimentos realizados no municipio, como a mellora do centro de saúde e do auditorio, os investimentos en saneamento e abastecemento e a posta en marcha da escola infantil, con 74 prazas novas.

Un dos puntos máis destacados foi o sector agrario, con máis de 60 millóns destinados a familias que se dedican a gandaría e agricultura.

“Estamos a ver como esta localidade está a converterse nunha das grandes capitais de España no sector lácteo“, incidiu, tanto polo impacto do leite que se recolle nesta zona como pola súa transformación en produtos elaborados.

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...