Paraugas de cores ‘penduran do ceo’ de Vilalba para celebrar o San Ramón

Esta iniciativa inspirouse nunha idea nacida en Portugal e busca actuar como un atractivo para visitantes.

Paraugas de cores sobrevoan as rúas de Vilalba durante as festas do San Ramón | Concello de Vilalba

A praza da Constitución de Vilalba amenceu esta mañá ateigada de paraugas de cores coa idea de “aledar e dar vida” ás festas de San Ramón e Santa María. Esta iniciativa do Concello imita outras semellantes que xa triunfaron en Portugal.

“Pensamos nalgunha idea distinta para as nosas festas, que servira tamén como atractivo para visitar Vilalba e, por suposto, aledar os vilalbeses e vilalbesas”, comenta o promotor da iniciativa e tenente de alcalde, Rodrigo Pavón. A inspiración chegou de máis aló das nosas fronteiras, en concreto dunha vila portuguesa, Águeda, onde se creou o proxecto Umbrella Sky. “Este tipo de arte urbano tamén ten cabida en Vilalba, pois necesitabamos aires novos en todos os sentidos”, di o goberno local.

Segundo explican dende o Concello, foron moitas as persoas que se achegaron desde a primeira hora da mañá para sacar fotografías dos preto de 400 paraugas que adornan a praza principal de Vilalba. Alí permanecerándurante as festas patronais “como símbolo tamén da diversidade e a modernidade cara á que debe camiñar un Concello como o noso”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here