InicioMedioambiente e PatrimonioO forte vento derrubou unha árbore no paseo fluvial de Vilalba

O forte vento derrubou unha árbore no paseo fluvial de Vilalba

O Concello xa procedeu á súa retirada, en coordinación coa Confederación Hidrográfica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A intensidade coa que soprou o vento provocou a caída dunha árbore no paseo fluvial do río Madalena, en Vilalba. O Concello xa procedeu á súa urxente retirada ao longo desta mañá, en coordinación coa Confederación Hidrográfica.

Desde o goberno local subliñan que “nada máis chegar ao goberno”, xa abordaron esta problemática ao realizar un informe pormenorizado de todos os exemplares do paseo. O día 17 de xullo remitiron ese documento á Confederación Hidrográfica. En consecuencia, solicitaron ao organismo competente a tala e retirada das árbores secas e as que están no cauce do río.

O tenente de alcalde, Rodrigo Pavón, confirmou que tales traballos serán realizados nas vindeiras datas, “así como se fixo nos primeiros días deste mandato respecto da limpeza da zona de baño do río Madalena”. E é que, segundo explican, o mantemento e a recuperación dun dos “paraxes máis fermosos e senlleiros” do municipio é unha prioridade para o equipo de goberno.

Así mesmo, recomendou prudencia e evitar paseos en zonas con arboredo durante as próximas horas,  “aínda que nos prognósticos figura que diminúe a velocidade do vento”.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...