Un gran lume queimou xa 75 hectáreas en Muras

O lume avanza neste Incendio forestal / EFE

Efectivos de extinción traballan nun incendio forestal rexistrado no municipio lucense de Muras e que afecta a unhas 75 hectáreas de superficie, mentres que quedaron sufocados os lumes rexistrados este fin de semana nos concellos ourensáns de Chandrexa de Queixa e Lobeira. En total arderon en dous días en Galicia 125 hectáreas.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o incendio de Muras localízase na parroquia do Burgo e afecta a unhas 75 hectáreas de monte raso. Este lume comezou ás 20,35 horas deste domingo e quedou controlado ás 6,19 horas deste luns. Foron mobilizados catro axentes, sete brigadas, cinco motobombas e unha pa.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here