InicioCulturaDavide Salvado actuará na Romaxe Artesá da Chaira de Muras

Davide Salvado actuará na Romaxe Artesá da Chaira de Muras

A terceira edición do evento, organizado polo Concello de Muras, será o 26 de maio

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concello de Muras, en colaboración coa Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Cha, impulsará unha nova edición, a terceira, da Romaxe Artesá da Chaira. O encontro cultural de música, artesanía e gastronomía será o 26 de maio, na área recreativa de A Veiga, e terá como principal reclamo a actuación de Davide Salvadounha das voces máis carismáticas do folk galego.

Salvado ofrecerá na romaxe o froito de media vida percorrendo as aldeas á procura de ritmos, coplas e danzas e aprendendo das mulleres unha tradición musical. Ademais, O Sonoro Maxín, Ce Orquestra Pantasma -o proxecto do home-orquestra vigués César Freiria-, Cántigas e Frores e a agrupación local Axóuxere de Roupar completarán a axenda musical do evento.

Non faltarán as habituais mostras de artesanía nin dos vellos oficios, como a cantería, a cestería ou o torneado de madeira. Tamén haberá xogos tradicionais para pequenos e grandes, charlas, delicias gastronómicas e obradoiros.

A Romaxe Artesá da Chaira naceu hai tres anos para poñer en valor os antigos oficios e demostrar que no rural tamén se pode atopar un emprego e unha forma de vida. Celébrase na fermosa área recreativa de A Veiga, a carón do río Eume. Desde a primeira edición, converteuse nunha cita para os amantes da historia e da cultura de distintas zonas de Galicia.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...