InicioTerra CháGuitirizO Camiño podería ter un novo centro de interpretación en Guitiriz

O Camiño podería ter un novo centro de interpretación en Guitiriz

Javier Losada visita Guitiriz para "axilizar" actuacións relacionadas co Camiño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, comprometeuse este venres en Guitiriz (Lugo) a axilizar diversas actuacións nese municipio vinculadas coa seguridade viaria, a situación dun carreiro do Camiño de Santiago e os trámites do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, durante a visita Javier Losada percorreu o tramo da nacional VI no municipio e abordou xunto á alcaldesa, Regina Polín, actuacións como a mellora no carreiro do Camiño de Santiago entre Baamonde e San Alberte.

Tamén trataron a posible cesión da casa de peóns camiñeiros en Roca para convertela nun Centro de Interpretación dos Camiños. Con respecto á seguridade viaria, comprometeuse a estudar a posibilidade de construír pasos peóns máis seguros, á vez que se arranxa o tramo urbano da Nacional VI, que contará con beirarrúas.

O delegado do Goberno, que estivo na casa consistorial para asinar o libro de ouro, interesouse tamén pola situación da PXOM, iniciado en 2004 e aínda pendente de aprobación.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...