InicioMedioambiente e PatrimonioPatrimonio avala que a Casa da Botica sexa a residencia de Guitiriz

Patrimonio avala que a Casa da Botica sexa a residencia de Guitiriz

O prace do organismo autonómico permite á Deputación facer efectiva a contratación das obras na Casa da Botica, por valor de 1,6 millóns de euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

Patrimonio deu luz verde á rehabilitación da Casa da Botica de Guitiriz, un emblemático edificio en estado ruinoso. A obra de reforma e ampliación permitirá un dobre cometido de conservación e transformación en residencia de persoas da terceira idade. A Deputación aprobara en xunta de goberno o novo proxecto e o inicio da contratación das obras por 1,6 millóns de euros.

O visto e prace do Consello Territorial de Patrimonio Cultural de Lugo autoriza os traballos a desenvolver segundo o proxecto de execución presentado, con dous condicionantes: a cuberta da Casa da Botica rematarase con lousa irregular do país e as chemineas remataranse do mesmo xeito que as fachadas do edificio.

Esta é a solución acordada no Pleno Extraordinario, cun incremento de 400.000 euros no orzamento, e a oposición do Partido Popular. A Deputación achega á rehabilitación 1,4 millóns de euros, por 200.000 euros do Concello de Guitiriz. Esta cantidade asumida polo consistorio sairá dos remantentes posibles polo aforro de custes.

A plataforma Falemos Claro recollera máis de 2.500 sinaturas dos veciños de Guitiriz a favor deste proxecto, o que representa á metade da poboación.

Complemento do centro de día

Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz, e Darío Campos, presidente da Deputación, asinaron un convenio para a construcción da nova residencia de maiores de Guitiriz | Deputación de Lugo
Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz, e Darío Campos, presidente da Deputación, trala sinatura do convenio para a construcción da nova residencia de maiores de Guitiriz | Deputación de Lugo

Trátase dun novo proxecto, pois o anterior contemplaba unha residencia e un centro de día. O plan cambiou por decisión da alcaldesa Regina Polín, que apostou por recuperar a antiga Casa dos Peóns Camiñeiros, habilitando un centro de día na mesma.

A residencia na Casa da Botica contará con 26 habitacións con posibilidade de seren dobres, podendo ofrecerse ata 52 prazas. Trala apreciación positiva de Patrimonio, o Concello tramitará a concesión da licencia municipal para iniciar os traballos de construción a comezos de 2019. 

Guitiriz transforma dúas vellas escolas en vivendas sociais

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...