InicioSociedadeA auga do subministro de Guiririz xa é apta para consumo

A auga do subministro de Guiririz xa é apta para consumo

As probas realizadas revelan que as melloras na planta potabilizadora devolveron o contido en ferro a cantidades aptas para o consumo humano

PUBLICADA O

- Advertisement -

A finais de outubro, o Concello de Guitiriz emitía un bando no que recomendaba evitar consumir auga da traída municipal polo alto contido en ferro. A medida era ineludible logo de detectar no laboratorio a concentración excesiva na distribución, de 1700 microgramos por litro.

Despois da instalación de urxencia dos filtros desferrizadores, e solicitar axuda técnica a outros organismos públicos, entre eles a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Territorio, as novas probas realizadas son satisfactorias. O contido en ferro está por debaixo de 200 microgramos por litro, dentro do umbral apto para consumo humano.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...